martes, 1 de outubro de 2019

Medioambiental.

Hoxe comezamos coa clase de medioambiental. Estivemos falando de que hai contenedores de diferentes cores, en cada un botase un tipo de residuo. En concreto, o amarelo que sirve para os envases de plástico. Puxémonos mans a obra e pintamos os nosos propios contenedores amarelos, un para recoller bolsas de plástico e outro para botellas de plástico. Xa os puxemos na entrada para que nos vaiades traendo bolsas e botellas (de auga e de refrescos). E despois reutilizarémolos para realizar distintas tarefas.... Xa vos iremos contando!

Ningún comentario:

Publicar un comentario