venres, 9 de outubro de 2015

Aniversario de David

Parabéns para ti
nesta data querida
moitas felicidades
moitos anos de vida.

Desfruta deses 2 aniños e feliz aniversario David!!!! 





mércores, 7 de outubro de 2015

venres, 2 de outubro de 2015

Vendima


Como xa sabedes, dende o colexio quixemos ser partícipes nunha tradición tan nosa como a vendima. Ao longo da semana fomos recolectando uvas, uvas e máis uvas. Algo que debemos agradecer a tódalas familias, coa vosa axuda fixestes posible este día.


Cando por fin chegou o venres puxémonos mans á obra: sacamos zapatos e calcetíns, remangamos pantalóns e armámonos de valor para realizar o traballo que tiñamos encomendado: ESMAGAR AS UVAS!! Ante este feito cada quen reaccionou a súa maneira, uns amosáronse encantados coa idea e outros un tanto desconcertados pero podemos afirmar que tivemos unha maña moi entretida e divertida. 

 






xoves, 1 de outubro de 2015

A nosa primeira experiencia con ceras

Xa que estamos no Outuno pintamos ( ou facemos o que podemos!! ) unha mazá de cor vermello..

Aniversario de Aarón.

Hoxe celebramos o aniversario de Aarón quen acaba de cumprir os 2 anos. Esperamos que lle gustasen os agasallos que lle fixeron os seus compañeiros. 
MOITOS PARABÉNS!!