martes, 19 de setembro de 2023

Xa chega o outono!!!

 Xa está a piques de comezar o outono e hoxe estivemos explorando follas de outono: vimos que son de diferentes cores; algunhas están secas pero outras aínda non; hainas de diferentes formas ( lisas, dentadas...). Xogamos con elas, rompémolas e despois pegámolas nunha árbore. E onte pintamos unha castañeira con ceras brandas.








Ningún comentario:

Publicar un comentario