xoves, 4 de xuño de 2020

Botellas sensoriais de cores.

Bos días:
Hoxe propoñovos  realizar botellas sensoriais de diferentes cores. Desta forma comezamos coas actividades de manipulación  con auga e repasamos as cores.
Soamemte necesitamos:
- Botellas de plástico.
- Colorante alimentario ou pintura de diferentes cores.
- Purpurina.

Pasos a seguir:
1. Encher con un embudo a botella de auga.
2. Añadir o colorante do color que queiramos facer.
3. Incorporar un pouco de purpurina.
4. Cerrar ben e sellar o tapón.

Cando teñamos as botellas de todos as cores que queiramos, poden xogar con elas libremente.

Tamén  podemos propoñerlle xogos:

1. Escondemos as botellas e pedimolles que as busquen: agora imos buscar a botella de cor azul...
2. Realizamos series de cores. De forma que eles teñen que colocar as botellas no mesmo orden que lle marcamos.


Esta actividade  tamén a podedes realizar con tapóns de cores.





3. Traballamos con nocións espaciais: Poñemos a botella de cor verde debaixo da mesa.... botella vermella de lado da botella amarela...botella rosa diante dunha silla... botella vermella dentro dunha caixa...

Espero que vos gusten as actividades!!!😘

Ningún comentario:

Publicar un comentario