Boas familias!
Tendo en conta que esto vai para largo....e como algúns de vos solicitastedes tarefas para non perder o rítmo, decirvos que intenterei poñer algunhas tarefas que podedes realizar na casa cos nenos ou enlaces que me resulten interesantes para traballar de maneira lúdica dende a casa.
A miña primeira proposta sería de medioambiental. En concreto, eu nestes días estiven buscando formas de darlle unha segunda vida as bolsas de plástico. ocurreuseme facer un vestido con bolsas. A modo de exemplo, mandovos a foto e anímovos a que elaboredes algunha cousa feita con bolsas. Botade a voar a imaxinación e sorprendédenos!
Cando volvamos faremos unha exposición con todas as vosas ideas e elaboracións na entrada do cole.
ÁNIMO FAMILIAS!
Ningún comentario:
Publicar un comentario