O Samaín chegou ó cole esta mañá de luns. Unha mañá chea de terroríficas sorpresas!!!!
Fantasmas, bruxas, cabazas....bueno.....terroríficas, terroríficas....tampouco, pero pasámolo en grande!!!!
Hoxe visitounos unha bruxa e un fantasma......terroríficos?????....vai ser que non...
Pero estaban, moi pero que moi feitos!!!
Fixemos unha grande festa e puxémonos morados de postres riquísimos que os papas elaboraron...
Preparámonos para a festa, pintandonos un pouquiño...cabazas, arañas, e telas de araña...mirade que guapos!!!
E tamén decoramos o cole con todas as cabazas que preparastes nas vosas casas...
Non están todas, xa que algunhas apodreceron antes de tempo....pero GRACIÑAS A TODOS POR COLABORAR, tanto na elaboraciòn das cabazas, como na preparación de todos os fantásticos postres, estaba todo DELICIOSO!!!
Vemonos para a próxima.
BOO, BOO, BOO!!!!
Ningún comentario:
Publicar un comentario