xoves, 25 de febreiro de 2016

Medioambiental

Nestos días seguimos  realizando tarefas relacionadas co medio ambiente. Comezamos a familiarizarnos con conceptos novos. Neste caso  falamos da contaminación e de medidas sinxelas que podemos facer todos para contaminar o menos posible.
Por exemplo, a profe explicounos que o fume que expulsan os coches e moi malo para a natureza, por iso é importante non usar demasiado os coches, xa que temos outras alternativas para desplazarnos. Para ir a sitios que nos queden cerca podemos ir andando ou en bicicleta. E para ir a sitios máis lonxe podemos usar o autobús,  pois collemos moitos e asi non contaminamos tanto!!!

Ningún comentario:

Publicar un comentario