Hoxe André está de 🎂...
Fai tres aniños.
Moitas felicidades campeón!!!
Hoxe en medioambiental fixemos outro experimento que nos sirve para explicar unha propiedade dos líquidos: tensión superficial .
Necesitamos: Auga, pintura azul, bastoncillo, xabón e polvos de talco.
Botamos auga con pintura azul nunha bandexa. E logo polvos de talco e cun bastoncillo mollado en xabón tocamos e observamos como se o xeo rompera!!! Simulamos como se fora xeo e rompémolo....
Resulta moi chamativo para os nenos despertando o seu interés...
Hoxe realizamos o mural do inverno. Fixemos un boneco de neve empregando diferentes técnicas: estampacións, pintar con esponxas e pegar papeis.
Tamén tocamos un guante que estaba congelado e notamos o frío que estaba.
Hoxe exploramos espuma de afeitar. Extendemos, frotamos, chocamos...e manchámonos un pouco!😅 En xeral, gustoulles moito a textura e disfrutaron moito da actividade.