venres, 31 de maio de 2024

Actividades semanais!!

 Está semana rematamos as actividades do proxecto. Pintamos uns vasos de agua dunha lámina. Pasamos auga dun reciente a outro e pintamos uns tubos de cartón para facer unha actividade para levar para a casa nos próximos días. Tamén celebramos os cumples de Nora, Leire e Candela. Moitos parabéns. Boa fin de semana.







Pompóns

 Os bebés seguimos practicando a motricidade fina. Esta vez sacando pompóns dun batedor de man.





Saída ó Supermercado.

 Hoxe fixemos unha pequena saída. Fomos comprar a de " Carmiña". Cando chegamos alí recibironnos coas mans abertas!!! Tiñamos dúas opcións: froita ou biscoito. A maioría decideuse polo biscoito, pero algún preferiu unha peza de froita. E ademáis Carmiña regaloulle dúas chocolatinas a cada neno.  Despois, paramos na metade do camiño de volta, a merendar. Pasárono xenial!!! 👏👏👏👏👏👏👏

Gracias a Carmiña por recibirnos tan ben!!! Para o ano repetimos!!!















xoves, 30 de maio de 2024

Cumples de Nora, Leire e Candela.

 Hoxe celebramos os cumples das nosas compis Nora, Leire e Candela. Parabéns campeonas!!




Profesións: especialista en lavandería.

 Hoxe veu a mamá de Hugo a falarnos da súa profesión: especialista en lavandería. Contounos cousas moi interesantes, como que a roupa sucia chega en camións grandes, despois clasificase para seguidamente lavala en lavadoras tamén moi grandes. Lavan toallas, sábanas, uniformes...E para poder realizar o seu traballo utilizan entre outras cousas: lavadoras, secadoras, deterxente, quitamanchas, ferro...

Finalmente colorearon uns debuxos relacionados coa súa profesión.

Foi unha xornada moi interesante! Mil gracias a Vanesa por participar nesta actividade!!!






O punzón: motricidade fina

 Bos días

Esta semana traballamos co punzón de novo..



martes, 28 de maio de 2024

Mosaico con pedras.

 Hoxe fixemos un mosaico con pedras: seguimos un debuxo e imos colocando as pedras no debuxo.


Despois, seguindo a mesma pauta, facemos un debuxo e imos pegando gomets sobre o debuxo.