venres, 17 de novembro de 2023

Actividades desta semana!!

 Esta semana experimentamos e pintamos con corchos. Aprendemos a insertar argollas e pintamos con tubos de papel. Traballamos o trazo a través do debuxo libre. Repasamos a cor vermella e experimentamos con barquillos. Lemos o conto: A cerilla q quería prender lume. Bo finde. Para a semana máis.






xoves, 16 de novembro de 2023

martes, 14 de novembro de 2023

Medioambiental: o peto real.🐦

 Hoxe en medioambiental coñecemos o PETO REAL, máis coñecido coma o "páxaro carpinteiro". Vimos curiosidades, un conto e finalmente fixemos un mural pegando boliñas de papel de seda. Mirade que chulo nos quedou!



luns, 13 de novembro de 2023

venres, 10 de novembro de 2023

Exploración sensorial: mesa de luz

 Hoxe traballamos letras e cores coa mesa de luz...


Tamén está semana os  pequechos exploraron pedriñas de cores e pintaron con bastoncillos...



Que teñades un bo finde!!

Actividades semanais!!

 Esta semana traballamos as emocións: caras tristes-caras contentas. Aprendemos a pasar legumes dun recipiente a outro e estudiamos novas palabras relacionadas con xoguetes. En arte traballamos un cadro de Pablo Picasso: Cabeza de mujer con sombrero e fixemos música con diferentes instrumentos musicais. Boa fin de semana







martes, 7 de novembro de 2023

Medioambiental: o porco espiño

 Hoxe en educación mediambiental aprendimos cousiñas sobre outro animal que vive nos montes: ten o corpo cheo de púas, come froitas, caracois, etc... Descansa de día e sae de noite, etc... Xa sabedes de que animal falo non???

Pois claro o PORCO ESPIÑO!!

Despois pegamos escamas  de piñas nuns  porquiños como se fosen as púas .( Ditas púas son un mecanismo de defensa cando se ven amenazados por otros animáis)

Aproveitamos para traballar as texturas...