mércores, 17 de marzo de 2021

Salimos á horta

 Bos días!

Onte saímos á horta a  prantar aguacates, perexil e xirasoles....antes rastrillamos e movemos  un pouquiño a terra con rastrillos e palas; ainda que xa a abonara a profe a semana pasada.




E despois fomos un pouquiño ao parque!!





martes, 16 de marzo de 2021

Exploración con cítricos.

 Hoxe exploramos cítricos, laranxas e limóns. Tocamos, ulimos, exprimimos e finalmente catamos! Por maioría decidimos que nos gustaba máis o de laranxa!!!😂😂😂





luns, 15 de marzo de 2021

A primavera.

 Achégase a primavera e xa estamos facendo actividades sobre o tema. Hoxe decoramos unha bolboreta con papeis de seda.




venres, 12 de marzo de 2021

Clases de informática

 Bos días!

Hoxe tivemos clases de informática coa Ratiña Lola!!!










Boa fin de semana!!


Achégase a primavera!!!

 Na nosa aula xa imos collendo un toque primaveral. E que nos encanta este soliño!!!










Pintamos con chocolate

 Bos días!

Onte pintamos un ovo de Pascua con chocolate!!  E depaso tamén o probamos....Mmmmmm si que estaba  rico!!!!



E vimos a diferencia entre frío e quente.