martes, 1 de decembro de 2020

Actividades navideñas.

 Estas semanas imolas adicar a facer diferentes actividades relacionadas co Nadal. Nesta semana exploramos confetti e utilizámolo para facer unha manualidade. Tamén pintamos con pincel nun cartón para facer unha árbore de Nadal e despois decoramos con purpurina unhas tapas de cores...

Xa vos mostrarei o resultado final...😊 Aquí vos deixo unha pequena mostra...😁







sábado, 28 de novembro de 2020

Actividades varias

 Ola familias!!

Esta semana estivemos a facer cousas moi variadas: 

Exploramos tapóns de cores; hainos grandes e pequenos, fixemos torres e series  con  eles...



Xogamos con pezas de pincho e con froitas e verduras ....


Traballamos as formas e as cores pegando círculos nunha ficha...



Miramos revistas de xoguetes onde pasando as páxinas estamos traballando a motricidade fina..


Pintamos caixas de ovos con pincel para comezar o mural de Nadal....


E aquí vos deixo un adianto dunha actividade navideña..





Boa fin de semana!!!

venres, 27 de novembro de 2020

SEMANA ARTÍSTICA

 A ventaniña desta semana amósanos moito relax, e tamén arte. Que a disfrutedes. Bo finde!!


Mirade qué esculturas tan bonitas facemos!!


Tapa, tapiña, tapón!!! Reciclar gústanos mogollón!!

Para relaxarnos imos pechar os ollos. " Así, profe???"

Qué será, será...?

Bueno, agora, ímonos relaxar enserio.... Ala, ata a semana!!



Bo finde!!!

xoves, 26 de novembro de 2020

Exploramos papeis.

 Hoxe rompemos e enrrugamos papeis de cores. Despois fixemos boliñas  e pegámolas. Mirade que vistosa nos quedou a actividade!




mércores, 25 de novembro de 2020

martes, 24 de novembro de 2020

Mural: prendas de abrigo.

 Hoxe traballamos as prendas de invierno. Cos recortes que me enviastes realizaron un mural. Gustavos como quedou?




luns, 23 de novembro de 2020

Motricidade grosa.

 Hoxe fixemos un pequeno circuíto para traballar a motricidade grosa. Traballamos así conceptos como: enrriba e debaixo, dentro e fóra...