martes, 20 de novembro de 2018

A maxia dos nosos montes

https://youtu.be/11uW_thNTck, hoxe, vimos este vídeo e aprendemos que debemos coidar os nosos montes porque son parte de nós. Falamos de que as veces os montes queimase, e estaría moi ben que axudádenos a recuperalos. Tamén falamos de axudar a mantelos limpos, para así non se queime tan fácil.

luns, 19 de novembro de 2018

Actividades varias

Esta semana fixemos un montón de cousas: pegamos anacos de papeis, exploramos tapóns de cortiza e despois estampamos pintura con eles, experimentamos con barquillos.....todas estiveron moi ben pero a exploración dos barquillos como nos gustou!!! E que vos estaban!!!

xoves, 15 de novembro de 2018

Exploración!

Nesta semana estivemos explorando diversos materiaies: desmenuzamos porixpán, fixemos garabatos na area, e clavamos palillos en bandexas de porixpán! Motricidade fina a tope!!! E quedaronnos uns cuadros abstractos moi orixinais!!

martes, 13 de novembro de 2018

Actividades varias!

Nesta semana fixemos diferentes actividades. Exploramos cousas duras (pedras) e brandas (esponxas e globos recheos de area). Pintamos con esponxas e con bastonciños; exploramos e trasvasamos legumes, clasificamos tapas por cores...

xoves, 8 de novembro de 2018

Actividades diversas

Traballamos a motricidade fina pintando con bastoncillos. E hoxe traballamos a cor vermella: botamos auga nas botellas, metémoslle trociños de papeis, pintura e purpurina..e axitamos!!!!

luns, 5 de novembro de 2018