luns, 23 de outubro de 2017

Hoxe pintamos con rodillo

Hoxe estivemos pintando con rodillo: fixemos unhas carreteras para xogar cos coches!!

Pintamos con esponxas

Estivemos pintando con esponxas e xogamos con plastilina e aínda nos quedou tempo de xogar un poquiño ao escondite!!

martes, 17 de outubro de 2017

Exploramos a cenoria.

Na xornada de hoxe estivemos explorando a cenoria crúa, fervida e rallada. Traballando así as texturas e nocións como duro/brando.

luns, 16 de outubro de 2017

Mural: cor vermella.

Hoxe elaboramos un mural sobre a cor vermella. Pegamos gomets, bolas de papel, anacos de papel, tapóns...e pintamos cos dedos!!!

As partes da cara

Estes día pegamos ollos e boca nunha bruxiña de cartòn.

venres, 13 de outubro de 2017

mércores, 11 de outubro de 2017

Froitos do outono

Esta semana pintamos con ramas coas cores do outono, con ceras brandas distintas froitas e hortalizas e tamén exploramos distintos froitos do outono: noces, castañas, millo, landras, etc..Deste xeito traballamos conceptos tales como: dentro- fora, moitos- poucos, grande- pequeño, ...