xoves, 16 de febreiro de 2017

Pintamos cos dedos

Estos últimos días estivemos pintando con pincel e cos dedos. Tamén traballamos con plastilina.

Cor amarela

Gústavos o noso mural de cor amarela? Pasámolo xenial con tantas cousas!!

mércores, 15 de febreiro de 2017

Medioambiental.

Esta semana en clase de medioambiental, plantamos semillas de cabaza, guisantes, lentellas, fabas... Sembramos en envases de iogur para máis adiante, poder sair a fóra a transplantar na nosa pequena horta.

mércores, 8 de febreiro de 2017

Exploramos con fariña.

Hoxe exploramos con fariña. E debuxamos na mesa, círculos, cadrados... Manchámonos un pouco pero pasámolo xenial!

Medioambiental.

Estas semanas estivemos creando un robot de reciclaxe. Para iso usamos caixas de cartón, tapóns de botellas, tubos...

martes, 7 de febreiro de 2017

Experimentamos con polispán

Estivemos experimentando con colares e con polispán e o venres fixemos quebracabezas. Onte tratamos de enrolar e desenrolar cintas, aínda que esto resultounos un pouco difícil!!

venres, 3 de febreiro de 2017

Aniversario de Iván

Hoxe celebramos o primeiro aniversario deste pequecho!! Pasámolo pipa cos gusanitos e o bizcoito! Mmmmmm