mércores, 8 de outubro de 2025

Caixa máxica do outono.

 Hoxe xogamos a sacar cousas dunha caixa e intentar adiviñar de que elemento do outono se trataba: piñas, noces ou castañas.


Tamén xogamos a apilar vasos. 

Finalmente xogamos coas letras e as formas xeométricas.





martes, 7 de outubro de 2025

Medioambiental: contenedor azul.

 Hoxe estivemos falando da reciclaxe. Falamos dos diferentes tipos de residuos que se poden reutilizar para facer cousas novas. Hoxe vimos o contenedor azul e aprendemos que neste contenedor podese tirar o papel e o cartón...

Pintamos un contenedor de azul utilizando o rodillo e despois pegamos papeis e cartóns.




Despois tivemos estimulación sensorial con legumes: utilizamos a culler; encher e baleirar; trasvases...







luns, 6 de outubro de 2025

Reto 2 : Desenmarañar.

 Hoxe practicamos varias actividades de motricidade fina para superar o reto 2 : desenmarañar.

Tamén deixamos rastros con pelotas e decoramos unha castaña con papeis.





venres, 3 de outubro de 2025

Motricidade fina.

 Hoxe traballamos a motricidade fina. Primeiro asociamos pompóns pola súa cor utilizando a pinza e os dedos. Despois insertamos por ranuras.





xoves, 2 de outubro de 2025

Trazos.

 Hoxe estivemos facendo trazos, primeiro en area, despois na pizarra e finalmente en papel.





mércores, 1 de outubro de 2025

Aniversario de Maia! 🎂

 Hoxe Maia cumple 2 anos! Parabéns Maia!!!🎊🎉👏👏👏



Círculo.

 Hoxe traballamos o círculo: buscamos cousas que teñen forma de círculo, xogamos con círculos e pintamos círculos.

En psicomotricidade xogamos cuns "cubos" feitos con aros: entrar, saír, apilar, levantar...