martes, 23 de setembro de 2025

Xogamos con caixas

 Hoxe ademais de ver vocabulario da clase exploramos caixas. Así traballamos conceptos: abrir/ pechar, destapar/ tapar, dentro/ fora..





Grande/ pequeno.

 Hoxe vimos a diferencia entre grande e pequeno. Fixemos un mural con follas de outono, dun lado puxemos as follas grandes e doutro as pequeniñas. 

Tamén exploramos (abrimos e cerramos) caixiñas de cartón.






luns, 22 de setembro de 2025

Pegamos gomets e pintamos cos dedos un cesto de castañas 🌰🌰

 Hoxe pegamos uns gomets de castañas nun cesto e logo pintamos o cesto cos dedos




Asi nos quedou a árbore da aula cosas follas que nos pintamos...



A cor vermella.

 Hoxe vimos a cor vermella, vimos vocabulario de obxetos desta cor e fixemos un mural. Despois estivemos buscando cousas/ xoguetes de cor vermello pola aula e finalmente xogamos con eles. 





Puzzles

 Vamos empezando a coller pezas dos puzzles e tratar de colocalas no seu lugar .




venres, 19 de setembro de 2025

Fin das adaptacións!!

 Esta semana conseguimos xa manter unhas rutinas e tamén xogar e dormir . A partir de agora xa empezaremos a facer cousiñas. Aquí tendes unha pequeña mostra. Bo finde!!




Landras e piñas.

 Hoxe saímos a fóra a buscar landras, e collemos un montón! Tamén exploramos e xogamos coas piñas; e finalmente fixemos quebracabezas.