luns, 15 de setembro de 2025

Reto 1.

Comezamos cos retos  que nos propón o proxecto educativo. O primero consiste en coller obxectos  con pinzas: carolas, castañas pompóns... e colocalas en oveiras.

Hoxe fixémolo con carolas e resultoulles bastante doado. Mañá farémolo con pompóns...











O outono🍁🍁

 Hoxe  empezamos coas tareas na aula... Pintamos unha folla cos dedos...pero houbo a quen non lle gustou "manchar" as mans..., pouco a pouco...



venres, 12 de setembro de 2025

Xa nos vamos adaptando...

Xa nos vamos adaptando....

Onte sacamos está fotiño...


 


Paraugas.

 Hoxe decoramos uns paraugas para a fiestra da aula. Pegamos papeliños de cores dentro do paraugas. 

Despois estivemos traballando coas pinzas, practicando as accións de apretar e soltar.







E así está quedando a aula...




xoves, 11 de setembro de 2025

Porco espiño.

 Hoxe fixemos un porco espiño con escarvadentes; clavamos escarvadentes  en porixpan para facer as púas do porquiño. 




mércores, 10 de setembro de 2025

Xa está a chegar o outono...

 Hoxe xa comezamos a falar do outono, que está a piques de entrar... Vimos elementos do outono, cantamos cancións desta estación e tamén pintamos follas coas cores do outono, para decorar a árbore da aula. Despois ollamos contos.





martes, 9 de setembro de 2025