venres, 12 de setembro de 2025

Paraugas.

 Hoxe decoramos uns paraugas para a fiestra da aula. Pegamos papeliños de cores dentro do paraugas. 

Despois estivemos traballando coas pinzas, practicando as accións de apretar e soltar.







E así está quedando a aula...




xoves, 11 de setembro de 2025

Porco espiño.

 Hoxe fixemos un porco espiño con escarvadentes; clavamos escarvadentes  en porixpan para facer as púas do porquiño. 




mércores, 10 de setembro de 2025

Xa está a chegar o outono...

 Hoxe xa comezamos a falar do outono, que está a piques de entrar... Vimos elementos do outono, cantamos cancións desta estación e tamén pintamos follas coas cores do outono, para decorar a árbore da aula. Despois ollamos contos.





martes, 9 de setembro de 2025

venres, 5 de setembro de 2025

xoves, 4 de setembro de 2025

Coñecemos a mascota de aula.

 Hoxe coñecemos ó can Plum, que vai a ser a nosa mascota deste curso. E pintamos un Plum grande cos dedos entre todos!