xoves, 27 de marzo de 2025

Mural de primavera: eiruga.

 Hoxe fixemos o mural adicado a primavera. Fixemos una eiruga "xigante" con círculos . Cada neno decorou un círculo coa cor que cada un escolleu, pegando papeis de diferentes texturas.

Expoñeremos na entrada o resultado, quedounos moi chulo!!!😍










mércores, 26 de marzo de 2025

Medioambiental: Papel reciclado

 Onte rasgamos papeis para facer papel reciclado. Botámoslle auga...e amasamos...



E hoxe desfixemos o papel cunha batidora e logo fómolo estendendo,  apretándoo  e pasándolle o rodillo....



Agora temos que deixalo secar....

"Mini mundo": a primavera 🌸🌼🌸🌼

 Hoxe fixemos exploración sensorial, preparamos unha bandexa de primavera: arroz, garavanzos, flores, ovos, paxariños , moitas cores ...e pás para xogar.


Tamén fixemos estampacións de flores con tubos de cartón.




martes, 25 de marzo de 2025

Sombras/ siluetas con fariña

 Onte empezamos e hoxe rematamos a actividade das siluetas....

Colocamos as mans nunha cartulina e logo botamos pegamento ao redor das mans . A continuación espolvoreamos fariña....







Texturas.

 Hoxe estivemos pegando anacos de papel de diferentes cores e texturas en papel adhesivo.






luns, 24 de marzo de 2025

Aniversario de Karim 🎊🎂🎉🎂

 Hoxe celebramos o aniversario de Karim.

Xa ten 3 aniños. Parabéns campeón!!!




Enroscar/ desenroscar.

 Hoxe practicamos as accións de enroscar e desenroscar parafusos e botes. Despois pintamos con ceras brandas ( expresión plástica).