mércores, 26 de febreiro de 2025

Actividades de Entroido.

 Nesta semana estamos a facer actividades relacionadas co Entroido, xogamos con accesorios de Entroido: perrucas, máscaras, disfraces... 

Hoxe tamén decoramos unha garavata de paiaso.




martes, 25 de febreiro de 2025

Estimulación sensorial: zume.

 Hoxe exprimimos zume de laranxa e de limón e despois probámolos. O de laranxa gustou máis que o de limón ...😅( ácido/ amargo).




luns, 24 de febreiro de 2025

Manualidade entroido

 Hoxe rematamos o paiaso que fixemos coa pegada da man...

Poñemos nariz  e paxariña . Tamén debuxamos a boca...





Exploración con tapas.

 Hoxe exploramos tapas de cores.




Tamén pintamos con rotuladores.





Entroido: montamos un paiaso...

 A semana pasada fixemos círculos con tapóns de cortiza e corazóns para  facer un paiaso...







venres, 21 de febreiro de 2025