venres, 21 de febreiro de 2025

Mural de Entroido: paiaso.

 Hoxe rematamos o mural de paiaso que empezamos onte. Pegamos boliñas de papel para facerlle o pelo ó paiaso. 


Tamén xogamos coa plastilina.



mércores, 19 de febreiro de 2025

Motricidade grosa.

 Hoxe en psico xogamos cunha estructura feita con aros e pelotas : entrar/ saír, introducir e sacar pelotas, apilar...probar diferentes posibilidades de xogar cos materiais.



Tamén aprendemos a utilizar a máscara que fixemos onte.




martes, 18 de febreiro de 2025

Medioambiental. Experimento número 12: Bolsa máxica.

 Hoxe fixemos outro Experimento . 

Botamos auga nunha bolsa e logo clavamos lápices na bolsa dun lado a outro. Observamos que non cae auga ainda que ten varios lápices atravesándo a bolsa. Débese a que como a bolsa é de polietileno, cando o lápiz atravesa a bolsa as moléculas de auga se separan e logo volven a sellarse sobre o lápiz....

E logo sacamos os lápices e a bolsa axiña quedou sen auga...




Pintamos con media laranxa..🍊🍊

 Xa exploráramos laranxas e limóns e hoxe pintamos con media laranxa...




Herbas aromáticas 🌿🌱

 Hoxe tivemos exploración sensorial: olfato. Ulimos herbas aromáticas: romeu, lavanda, tomillo, pirixel, loureiro...e tamén ulimos café, cacao e colonia.




luns, 17 de febreiro de 2025