Hoxe como actividade sensorial, pisamos area húmida.
Despois tivemos motricidade grosa: introducimos aros de diferentes tamaños en picas a diferentes alturas (alto/ baixo).
Hoxe como actividade sensorial, pisamos area húmida.
Despois tivemos motricidade grosa: introducimos aros de diferentes tamaños en picas a diferentes alturas (alto/ baixo).
Hoxe liberamos dinosaurios conxelados en agua quente; vemos e tocamos como se vai derretindo o xeo na agua quente, ata que se liberan os dinosaurios.
Tamén xogamos coas botellas sensoriais.
Esta semana usamos bolsas de experimentación neste caso cheas de pintura para traballar a psicomotricidade e a cor azul. Ademáis xogamos con pelotas de distintas texturas, tamaños e cores. Para semana máis. Boa fin de semana.
Hoxe experimentamos con " neve" , " bloques de xeo"....ademais de mollarnos un pouquiño, pouca cousa...si que nos manchamos un pouco pois tiñamos xeo de cores...
Pero disfrutamos moito que é o que importa...
Para a semana máis...
Bo finde!!!
Hoxe exploramos e probamos prendas de abrigo: gorros, bufandas, luvas, manoplas...
Hoxe en medioambiental fixemos outro experimento .
Colocamos lacasitos nun prato branco facendo un circulo e logo botámoslle auga e observamos que pasaba...