martes, 21 de xaneiro de 2025

A cor verde.

 Hoxe estivemos buscando pola aula xoguetes de cor verde e con eles preparamos a nosa bandexa do verde. Despois vimos  vocabulario de cousas de cor verde.


Tamén desenterramos cunchas da area.



luns, 20 de xaneiro de 2025

Minimundo: o inverno.

 Hoxe exploramos un minimundo do inverno: neve, bloques de xeo, mar, animais do ártico...



Despois pintamos uns gorros utilizando xeos de cores...que estaban moi fríos!



venres, 17 de xaneiro de 2025

Contos e música 🎹🎷🎺

 Traballamos tamén o conto dos tres porquiños...


Vemos nós contos...


E tocamos instrumentos musicales...


Bo finde!!

Actividades de inverno ❄️⛄❄️⛄

 Esta semana fixemos varias actividades relacionadas co inverno...

Poñemos pegadas como se fora neve nunha paisaxe de inverno...



Pintamos gorro con tapóns de cortiza...



E logo botámoslle cola e pegámoslle algodón...





Seguimos avanzando no curso!!

 Está semana incorporouse á nosa aula un novo neno chamado Ilay. Seguimos facendo cousiñas pero está semana tocou algo de exploración, en concreto con colares. Tamén estamos intentando familiarizarnos con pequeñas cancións....para a semana máis. Boa fin de semana.






Motricidade fina.

Hoxe realizamos diversas actividades de motricidade fina: insertar monedas e depresores por ranuras, introducir pelotas saltarinas por un burato e tirar por cordeis e lazos.








xoves, 16 de xaneiro de 2025

Pintura con textura.

 Hoxe pintamos un boneco de neve utilizando pintura con textura ( espuma de afeitar e cola).







E xogamos coas botellas sensoriais.