venres, 10 de xaneiro de 2025

Facemos copos de neve ❄️❄️ / Enfiamos colares

 Hoxe pintamos palitos con pincel e botámoslle purpurina para facer copos de neve e adornar a nosa árbore...


Así nos quedaron...


E así nos quedou a árbore...



E logo enfiamos colares...algúns xa o fan moi ben , outros están aprendendo ...



Bos finde a tod@s!!!


Volta á normalidade!!

 Despois do parón de Nadal toca volver á normalidade. Está semana tocou volver á rutina. A verdade é q os peques volveron moi contentos ó cole como podedes ver na foto. Tamén empezamos a tratar o tema do inverno. Comenzamos ca decoración e falamos das características desta estación: chove, fai frío, fai aire, neva...para a semana máis. Boa fin de semana!!




Plastilina.

 Hoxe xogamos coa plastilina.


E despois fixemos construccións.



xoves, 9 de xaneiro de 2025

Facemos pegada coa man para facer un boneco de neve❄️⛄⛄⛄

 Hoxe pintamos a man de branco para facer un boneco de neve ...



E manipulamos láminas de animais...



Exploración con neve ❄️❄️❄️.

 Hoxe exploramos neve artificial. Xogamos con ela a encher e baleirar cuncas;  notamos a textura arenosa e húmeda da neve. Despois pintámola de cores cun pincel.



Tamén decoramos unhas manoplas con papeis.



mércores, 8 de xaneiro de 2025

Estación o inverno: facemos neve artificial!!

 Comezamos outro trimestre...

Hoxe falamos da estación do inverno ( vemos distinto vocabulario relacionado con esta estación), falamos da roupa de abrigo, e vemos un conto tamén. Tamén lemos un conto que nos trouxera Celsa " La navidad de Emilio y Lilú".

E fixemos neve artifial  ( con agua e bicarbonato) para experimentar con ela...





E logo xogamos con telas...



Actividades de inverno.❄️

 Hoxe comezamos a facer cousiñas de inverno: vimos prendas de abrigo, escoitamos os sons dos fenómenos atmósféricos: trono, tormenta, vento, choiva... E tamén pintamos uns copos de neve con rotuladores , que despois utilizamos para decorar a aula.