Esta semana na aula de bebés traballamos as cores do inverno con pezas translúcidas.
venres, 2 de febreiro de 2024
Pezas translúcidas, osiños polares e baldosas sensoriais.
Actividades semanais!!
Aquí deixámosvos unha pequeña mostra do q fixemos está semana. Está semana cambiamos de mes e entramos na temática do Entroido. Pero tamén fixemos crebacabezas, estudiamos algo de arte, utilizamos diferentes técnicas para pintar....Esperemos q vos guste. Boa fin de semana!!
Distintas técnicas plásticas..
Hoxe usamos distintas técnicas plásticas para pintar un antefaz: con spray, cun cepillo de dentes e cunha xeringa....
Motricidade fina.
Hoxe traballamos a motricidade fina, primeiro enfiamos colares e despois clasificamos pompóns de cores utilizando a pinza.
Comezamos con actividades de Entroido..
Uns pintamos unha careta de Entroido e outros poñemos gomets...
E tamén lle puxemos unha nariz a un paiaso..
Para a semana seguimos....
xoves, 1 de febreiro de 2024
Psicomotricidade: aros.
Hoxe en clase de psicomotricidade intentamos saltar cos pés xuntos, dentro dos aros, seguindo un circuíto.















