mércores, 10 de novembro de 2021

Traballando cousas diferentes!!

Botellas sensoriais,cor amarelo....moito aprendemos!!




Medioambiental!

 Hoxe en medioambiental falamos da importancia da agua para a vida tanto nosa como dos animais e das prantas. E por iso non debemos de malgastala, e vimos algunha idea de como podemos aforrar auga...

Pintamos unhas gotiñas de auga e fixemos un rincón na aula para recordalo.






martes, 9 de novembro de 2021

OUTONO CON PRAIA

 E qué pasaría se lle trouxeramos ó outono un anaquiño de mar? Pois algo marabilloso!!! O outono é a época das uvas, cabazas e prender a cociña de leña. Pero o outono tamén é a época de empezar a recoller os froitos de mar; comenzan os meses con "r", meses de berberechos, ameixas, centolas e bois!! Qué ben poder explorar todo ó mesmo tempo!!





venres, 5 de novembro de 2021

Partes do corpo e un pouco de arte...

 Hoxe cambiamoslle o look a Lucrecia. Desta maneira traballamos as partes do corpo e as prendas de roupa.

E tamén fixemos unha "reinterpretación" dunha obra de arte de Piet Mondrián.





mércores, 3 de novembro de 2021

Fixemos torres con vasos

 Apilamos vasos e fixemos unha torre....



Fixemos círculos....




Pegamos cachiños de papeis vermellos enriba duns vasos....





Experimentamos con fariña

Hoxe acabamos todos de cor branco porque experimentamos con fariña...mirade, mirade...





Seguimos aprendendo cousas novas!!

 Aquí tendes unha pequena mostra do moito que traballamos!!