venres, 19 de febreiro de 2021

Motricidade fina e música.

 Hoxe traballamos a motricidade fina. Insertamos pedriñas por unha ranura. Despóis tocamos instrumentos de percusión: maracas, tambor, claves, caixa china, cunchas, crótalos....traballamos así vocabulario musical e comezamos a diferenciar os sonidos dos diferentes instrumentos.



xoves, 18 de febreiro de 2021

Reforzamos motricidade fina!!

 Ola familias!!

Estivemos traballando a motricidade fina insertando un trozo de lá nuns tubos. Ata ahí ben, pero a profe complicounos o tema cando nos dixo que tiñamos que facer o mesmo pero con macarróns!!!














Formas xeométricas

 Bos dias!


Hoxe estivemos traballando distintas formas: círculo, cadrado, estrela e triángulo que colocamos nas siluetas correspondientes. Mirade que ben o facemos!!!










Rincón do verde.

 Hoxe preparamos o noso rincón da cor verde: pegamos recortes, gomets, pintamos con pincel e coas mans. Despois xogamos con Lucrecia e cambiamoslle  a cara, pero hoxe non debía de ter bo día...quedounos entre asombrada e asustada...😱😨






Traballamos con globos de distintas cores

 Bos días!!

Onte tivemos clase de Arte: tocounos traballar a G. Klimt. e o seu árbore da vida.



E traballamos as emocións con globos de cores.

O amarelo representa a alegría, o azul a tristeza, o vermello a rabia e o enfado, o verde a calma e o negro o medo (ainda que para representar o medo utilizamos o branco coa carita en negro).

Gustounos moito. E a verdade e que temos bastante ben asimilado que emoción representa cada cor....





E esto é todo !!!👋👋👋

venres, 12 de febreiro de 2021

Festa de Entroido!!!

 A pesar de que este ano a pandemia non nos permite facer a nosa típica festa de disfraces coas familias, igualmente decidimos disfrazarnos cos nen@s, e que polo menos, eles poidan disfrutar deste día!

Retrocedimos moitos anos no tempo e disfrazamonos de trogloditas, en concreto dos Picapedra!!! Quen non se acorda desta peculiar familia??

Aquí vos deixamos un mostriña do ben que o pasamos hoxe!!!

Daba-daba-dú!!!!!


                   











SEMANA DE ENTROIDO






 Esta semana estivemos máis exploradores e estivemos traballando cos nosos sentidos. A ver que vos parece esta ventaniña.