xoves, 4 de febreiro de 2021

Alimentos e cores.

 Hoxe traballamos os alimentos  ( vocabulario) e as súas cores. Primeiro clasificamos por cores e despois probamos algún alimento, a ver cal nos gustaba máis...Descubrimiento sensorial: olores, sabores...





mércores, 3 de febreiro de 2021

Descubremento sensorial 🍎🍌🍏🍋🌽🍅

 Bos días!!

Hoxe experimentamos con algúns alimentos de cores: froitas e verduras amarelas, verdes e vermellas...

Traballamos vocabulario: vimos o seu nome, clasificámolos por cores...

Tamén descubrímolos sensorialmente: tocámolos, ulímolos e ata os probamos.

Despois partímolos a metade a ver cómo eran por dentro....quedounos un olor moi rico na aula!!!





👋👋👋👋

Texturas.

 Hoxe traballamos as texturas con telas. Fomos sacando dunha caixa diferentes telas...a ver cal nos tocaba... Despois rasgamos papel. 




martes, 2 de febreiro de 2021

Fixemos series e "camiños"'con tapóns de plástico

 Bos días!!

Hoxe traballamos con tapóns de plástico: deste xeito traballamos a lóxica e distintos conceptos como: longo-curto, moitos- poucos, igual- diferente, etc...







E tamén rematamos unha ficha onde pegamos pan raiado con cola...




Mañá máis.....

Pingüino con anacos de papel.

 Hoxe fixemos un pingüino pegando papeliños nun papel adhesivo. 





luns, 1 de febreiro de 2021

Experimentamos con pan raiado

 Bos días!


Hoxe  tocamos pan raiado, deste xeito estamos traballando  as texturas, vemos que se poden facer debuxos....













Tamén xogamos con construccións.....





E co dominó,  as formas e lupas...





👋👋👋👋👋

Exploración con area.

 Hoxe traballamos a estimulación sensorial  ( tacto) con area. Primeiro exploramos coas mans, trasvasamos área dun recipiente a outro, colamos area, buscamos obxectos escondidos...E despois cos pés, descalzámonos e pisamos  area!!!