venres, 6 de novembro de 2020

A cor vermella.

 Nestes días traballamos a cor vermella. Creamos o rincón da cor vermella, buscamos pola clase, cousas desta cor e fixemos diferentes actividades: pintamos con ceras, pegamos gomets, pegamos recortes, pintamos con pincel e coas mans...

Este foi o resultado.




 





mércores, 4 de novembro de 2020

SAMAÍN 2020

 Boas familias!

Aquí vos deixamos un video (en oculto, solo se pode ver a través do enlace) coas fotos que nos enviastes. Mil gracias por participar a tod@s!!!

Esperamos que vos guste!!!

https://youtu.be/wQ5tO0cN3b4

Exploración con porixpan.

 Hoxe desmenuzamos porixpan. Despois pegamos os anacos nun calcetín e tamén pintamos con ceras brandas. 




Aniversario de Nahia

 Este venres foi o aniversario de Nahia. Xa cumpreu 2 aniños!!!! Parabéns ruliña!!!



martes, 3 de novembro de 2020

Distintas técnicas plásticas

 Boas!!!!

Onte estivemos pintando con esponxas ....


Vimos o conto dos "tres porquiños"...


E hoxe tivemos clase de Arte....vimos unha obra de Vincent van Gogh: Los girasoles e logo tratamos de reproducila...


Mirade..case conseguimos unha réplica .....😄😄😄




👋👋👋

Actividades varias.

 Nestes días estamos a traballar as partes da cara, a motricidade fina e a expresión artística. Deixovos unha pequena mostra.