xoves, 2 de abril de 2020

Feliz Semana Santa


Boas familias: 
Como fai moito tempo que os peques non me ven, aquí vos deixo un vídeo con sorpresa........
 Desexarvos unha feliz semana santa e seguimos traballando... a volta!!.....







Saúdos a todos!!!

ENGLISH

Hoxe imos repasar as cores en inglés. Imos todos a cantar con Matt. Lembradesvos de moitas cores?

https://www.youtube.com/watch?v=FMRkKbbrQ7E


Música

Boas familias!!

Como sei que aos peques lles encanta a música hoxe mando uns videos dunhas cancións que traballamos na aula..


Moito ánimo e saúdos para todos!!




Emocións!

OLA A TOD@S:

Deixovos a continuación un conto que lles gusta moito que trata sobre as emocións:
"EL MONSTRUO DE COLORES "

https://youtu.be/__NmMOkND8g

Saúdos!!!

mércores, 1 de abril de 2020

PLASTILINA CASEIRA

Hello! Hoxe a miña proposta é facer  plastilina caseira.Para eso envíovos un tutorial moi faciliño.
Con esta actividade os mais pequerrechos vano a pasar moi ben!!
https://www.youtube.com/watch?v=rro_n9j8Z6k
Para entrar,pinchade enriba da ligazón que vos acabo de poñer, e xa vos vai saltar o nome da páxina. pinchades nel, e xa tendes o tutorial.
un saudo

As emocións

Ola Familias:

A seguinte actividade que vos propoño é  para traballar as emocións: ledicia, tristura,
medo, sorpresa, etc..
Necesitades: globos e un rotulador...se é permanente mellor.

Mándovos un vídeo moi ilustrativo...

Saúdos...

Exploración con tapóns!

Boas a tod@s!
A miña seguinte proposta consiste en coller tapóns de cores e xogar a:

1° Clasificar  por cores.
2° Clasificar por tamaños ( grandes /pequenos)
3° De que color temos moitos? De qué color  temos  poucos?
4° Creamos trens coas tapas que sexan da mesma cor. E despois comparamos:
Cal é o tren máis longo? Cal é o tren máis  curto?...




Deixovos  a continuación  un enlace sobre o tema.

https://youtu.be/rMnfvFXgGvo