mércores, 30 de outubro de 2019
martes, 29 de outubro de 2019
Medioambiental!
Xa reutilizamos algunas botellas para realizar un panel para traballar a motricidade: enroscar/desenroscar.
Gustounos monito!!!
venres, 25 de outubro de 2019
Mural: O Samaín.
Hoxe fixemos un mural adicado ó Samaín. Pintamos de negro un papel de estraza...do que sorprendentemente despois saleu unha bruxa terrorífica!!!🎃🎃🎃
xoves, 24 de outubro de 2019
Botellas vermellas
Hoxe traballamos a cor vermella. Botamos auga nunha botella, pintura vermella e purpurina e ....axitamos! Mirade o resultado: botellas vermellas brillantes!!
venres, 18 de outubro de 2019
Motricidade fina e grosa!
Onte e hoxe traballamos a motricidade. Fixemos varios exercicios cos aros, entre eles un circuito para saltar dentro deles. En canto a motricidade fina, traballamos con pinzas, introducimos pedriñas por unha ranura, e seguimos un debuxo coas pedras.
xoves, 17 de outubro de 2019
Rutinas!
Hoxe fixemos un pequeno recorrido polo cole, para que vexades como: comemos,lavamos dentes, facemos pis e dormimos a sesta!!!
Subscribirse a:
Publicacións (Atom)










































