xoves, 17 de outubro de 2019

Exploración con fariña!

Onte exploramos con fariña. Comprobamos que a textura da fariña é moi suave e fixemos debuxos con ela!

mércores, 16 de outubro de 2019

Experimentamos con fariña

Hoxe tocou mancharnos un poco...houbo a quen non lle gustou tocar a fariña pero outros disfrutaron!!!

A nosa primeira aventura coa pintura de dedos!!!

Hoxe experimentamos a sensación de meter as mans en pintura. Encántanos!!!!!

Medioambiental!

Hoxe rematamos o mural de outono con tapas. Tamén falamos dos contenedores verde, azul e amarelo e dos residuos que van dentro de cada contenedor. Entón puxémonos mans a obra, por turnos fomos reciclando, metendo diferentes residuos no contenedor correspondente.

martes, 15 de outubro de 2019

Pegadas nun ourizo

Pintamos as mans de cor marrón e fixemos pegadas como se fosen os pinchos dun ourizo!!

luns, 14 de outubro de 2019

Contacontos!

Hoxe tivemos unha contacontos no cole! Contounos a historia dunha nena que quería ser pirata....e tiña que superar 3 probas para logralo. Pero o mellor de todo é que descubrimos que nos tamén podríamos ser piratas se quixeramos, xa que tamén superamos as 3 probas!!! Gracias Carla por facernos pasar unha mañá tan divertida!

venres, 11 de outubro de 2019