martes, 16 de abril de 2019

Actividades varias

A semana pasada traballamos a cor azul, tocamos instrumentos musicais e ata nos dou tempo de xogar un pouco no patio. A verdade é que as mañas dan para moito!!!!

xoves, 11 de abril de 2019

Expresión artística!

Hoxe fixemos unha actividade de expresión artística moi chula.Pintamos con spray, con xiringas e para rematar pintamos coas mans!!! Pasámolo pipa!!!

mércores, 10 de abril de 2019

martes, 9 de abril de 2019

Medioambiental: O cabalo!

Este ano queremos facer unha saída cos nenos de 2-3 anos ó Pazo de Quián, para coñecer o cabalo pura raza galega, que está en perigo de extinción. Para coñecelo un pouco máis elaboramos un quebracabezas de cartón coas principais partes do cabalo! Tamén aprendemos que este cabalo pode ser marrón ou negro. Foi unha mañá moi interesante!!!

xoves, 4 de abril de 2019

Os ovos!!!

Hoxe decoramos ovos de Pascua, e aprendemos as partes do ovo e finalmente probamos os ovos cocidos. Cando rematamos, xogamos a buscar os ovos agochados.

mércores, 3 de abril de 2019

Exploración con flores!

Hoxe exploramos flores. Vimos as diferentes cores, os seus nomes e tamén as estivemos ulindo!!! Non as coñecemos todas....pero ulían super ben!!!