martes, 9 de abril de 2019

Medioambiental: O cabalo!

Este ano queremos facer unha saída cos nenos de 2-3 anos ó Pazo de Quián, para coñecer o cabalo pura raza galega, que está en perigo de extinción. Para coñecelo un pouco máis elaboramos un quebracabezas de cartón coas principais partes do cabalo! Tamén aprendemos que este cabalo pode ser marrón ou negro. Foi unha mañá moi interesante!!!

xoves, 4 de abril de 2019

Os ovos!!!

Hoxe decoramos ovos de Pascua, e aprendemos as partes do ovo e finalmente probamos os ovos cocidos. Cando rematamos, xogamos a buscar os ovos agochados.

mércores, 3 de abril de 2019

Exploración con flores!

Hoxe exploramos flores. Vimos as diferentes cores, os seus nomes e tamén as estivemos ulindo!!! Non as coñecemos todas....pero ulían super ben!!!

venres, 29 de marzo de 2019

Días atarefados

Esta última tempada andamos a prender moitas cousas e manipulados todo o que podemos. Por exemplo, encántanos exprimir laranxas e tomar o seu zume

Aniversario de Diego Lareo

Hoxe este campeón, celebrou os seus tres aniños!!! Parabéns bonito!!

Cumple de Eric

Hoxe celebramos o aniversario de Eric. Parabéns pequecho, xa tes dous aniños!!!

xoves, 28 de marzo de 2019

Pintamos con xeos de cores!

Hoxe exploramos xeos de cores, e aproveitamos para pintar con eles.....eso sí....estaban fríoooooos!!!