luns, 11 de marzo de 2019
Horta.
Hoxe saímos cos nenos de 2-3 anos á horta. Rastrillamos a terra e plantamos leitugas, guisantes, cebolas e lentellas!!!
martes, 5 de marzo de 2019
Festa de Entroido!
Na tarde do luns, celebramos a festa de Entroido! Moitos doces, filloas e disfraces. E Moita imaxinación, traballo e colaboración por parte das familias! Mil gracias a todos!!!
O concurso de disfraces estivo tan reñido que ata tivemos un triple empate na categoría de grupos!!! Os mouchos, as ovellas e os danoninos compartiron a primera praza!
Na categoría individual en primero lugar quedou "cocodrilo reciclaxe".
E no concurso de postres alzouse coa primera posición a mamá de Mateo Lortes!
Esperamos que pasarades unha tarde divertida connosco. Para o ano repetimos!!!
Viva o Entroido!!!👯👘👓👔🎩🎓
venres, 1 de marzo de 2019
Entroido!!!!
Hoxe o noso cole convirteuse nunha estrada da cidade!!!
Montamos un circuíto de Educación Vial e colocamos as señais...
mércores, 27 de febreiro de 2019
Imos a horta!!!
Hoxe os nenos de 2-3 anos, saímos á horta a plantar fresas e tirabeques!!! Primero botamos terra, despois puxémoslle un plástico negro para que non nos medren as hervas malas, e para rematar plantamos!!! Queremos aproveitar para agradecer ás familias a súa colaboración, traéndonos un montón de terra, abono e algunhas prantas!!!
Estanos a quedar unha horta moi resultona!!!! Gracias!!!
Subscribirse a:
Publicacións (Atom)




















































