Hoxe traballamos cas mans e cos pés. Foi toda unha experiencia pisar uvas e manipular cabaza fervida!!!
mércores, 3 de outubro de 2018
Exploramos frutos de outono!
Hoxe estivemos explorando frutos de outono que nos trouxeron as familias!!!🌰🌽🍎🍇... Moitas gracias a todos por colaborar!!! A experiencia gustounos un montón, e as uvas tamén!!! Algún que outro púxose as botas!!!
martes, 2 de outubro de 2018
Actividades varias!
Seguimos a facer cousas interesantes e divertidas. Lemos contos, cantamos, facemos quebracabezas...pouco a pouco imos establecendo novas rutinas!
Froitos de outono
Qué maravilla de sabores, cores, texturas!! Encántanos o outono!! Temos moitos froitos para explorar , probar e manipular toda esta tempada. Grazas por colaborar papis!!!
venres, 28 de setembro de 2018
Outono
Sabedes qué? As follas das árbores cambian de cor no outono e ademais caen no chan. A nós encántanos descubrir novas cousas sobre todo se podemos converter a nosa clase nun bosque con moita vida!!
Exploramos follas secas
Antonte pintamos una cabaza cos dedos e hoxe exploramos follas secas. Tocámolas, troceámolas, vemos a súa textura...