Para celebrar a chegada da primavera, elaboramos un fermoso mural cos tapóns e tapas que os papás e mamás nos trouxestes. Moitas gracias a todos por colaborar. Con esta actividade facemos fincapè no tema da reciclaxe e na reutilización de materiais, ademáis de traballar as cores.
Pasárono xenial con esta actividade!
xoves, 23 de marzo de 2017
Mural de primavera.
sábado, 11 de marzo de 2017
Experimentación con agua.
Este xoves experimentamos con auga para ver a diferencia entre seco e mollado. Mollámonos un pouquiño, pero foi divertido!!!
Saida á horta.
Este venres aproveitando que estuvo un día estupendo, saímos a horta a transplantar as plantas que sembráramos facía unhas semanas.
Pasámolo pipa, fixemos buratos na terra, regamos,....E aproveitamos para ir a xogar un pouco ó parque!!!
venres, 10 de marzo de 2017
xoves, 9 de marzo de 2017
Aniversario de Mateo
Por fin temos liña de internet!! Este pequechiño ten xa un aniño, e hai que velo correr polo cole!! Parabéns bonito!
domingo, 5 de marzo de 2017
Educación Vial.
Este venres tivemos clase de Educación Vial. Montamos un circuito con semáforos e señáis de tráfico como: ceda o paso, stops, dirección única, pasos de peatóns... E aprendemos como temos que actuar según a señal que nos encontremos tanto cando imos conducindo un coche ou cando imos como peatóns. Ademáis caracterizámonos para que resultase máis divertido, de peregrinos, familias, estudiantes, turistas...