mércores, 18 de novembro de 2015

Aula Patri.

Hoxe fixemos un mural da mascota da aula. E pintamos coas mans; de vermello a galiña e de amarelo os pitiños!!!!
Mirade que ben nos quedou!!!

martes, 17 de novembro de 2015

Aula Patri.

Este mércores tocounos explorar con pedras e botellas, xogamos a meter as pedras dentro das botellas e despois a sacalas.  Desta maneira traballamos os conceptos dentro - fóra. Pasamolo pipa!!!
Ademáis, os maiores pintamos cos rotuladores e pegamos gomets nunha ficha de outono....
Que cansos acabamos hoxe!!!!

luns, 16 de novembro de 2015

Aula Patri.

Os máis pequerrechos da clase tamén traballamos un montón!!! Agora estamos a traballar a cor vermella. Para iso, hoxe pintamos un tomate con esponxas. Mirade que chulo nos quedou!!!

Reciclamos!!!!

Empezamos a traballar o tema da reciclaxe. A profe ensinounos que os residuos coma o cartón e o papel, hai que tiralos no contenedor azul. Por iso, puxemonos mans a obra e pintamos o noso propio contenedor azul e rematamos a tarefa pegando un anaco de cartón dentro de dito contenedor.

domingo, 15 de novembro de 2015

OS CANTAXOGOS

Xa é venres!! Yujuuuuu! Esperamos que disfrutarades o finde!!



MANEXAMOS O RATO

Parece sinxelo, pero non. As nosas manciñas aínda non están preparadas para facer movementos moi precisos , pero abofé que este é un bo entrenamento. A mais de todo, aprendemos, cores, nocións e discriminación de obxectos dentro dun grupo. Cántas cousas nun só día e sen darnos conta!!! Pasámolo pipa!!