Relacionamos formas coa súa silueta... Colocamos un círculo, un cuadrado , un triángulo e unha estrela no seu lugar correspondente...
luns, 16 de marzo de 2026
Está chegando a primavera...
Hoxe comezamos a falar da primavera. Pintamos unha flor de amarelo cos dedos . E tamén xogamos con diferentes materiais ( xogo heurístico).
venres, 13 de marzo de 2026
Actividades semanais!!
Esta semana fixemos un debuxo libre con ceras blandas, experimentamos con papéis de diferentes texturas e cores e tamén con botellas sensoriais. Tamén tivemos o noso momento para a lectura. Para a semana máis. Boa fin de semana!!
xoves, 12 de marzo de 2026
As cores.
Hoxe pintamos con rotuladores nun papel de estraza e pegamos gomets. Repasamos as cores ( vermello, amarelo, verde e azul) e tamén pintamos con esponxas.
mércores, 11 de marzo de 2026
Estimulación sensorial: olfato.
Hoxe exploramos herbas aromáticas e botes de olores con café, canela, cacao e colonia.
Tamén xogamos cos coches nun circuito.
martes, 10 de marzo de 2026
Xogo heurístico.
Hoxe exploramos diferentes materiais de refugallo entre outros: construímos, facemos series, instrumentos musicais....facemos comidas....todo o que se nos ocorre. Imaxinación e creatividade a tope!!!
luns, 9 de marzo de 2026
Exploración sensorial: Pintamos arroz de cores
Hoxe botamos arroz en bolsas con pintura de distintas cores.....e pintamos todo o arroz de cores..
Decoramos pingüín.
Hoxe decoramos o pingüín que utilizamos a semana pasada para facer a actividade sensorial. Nesta ocasión, decorámolo con anacos de esponxa e con boliñas de porexpán.
Tamén pintamos con tapóns de cortiza e xogamos cos botes ( abrir/ pechar, enroscar/desenroscar).
venres, 6 de marzo de 2026
Actividades do venres
Hoxe fixemos puzzles.. estamos aprendo a encaixar as pezas no seu lugar correspondiente...sabemos dónde hai que poñela pero logo nos costa un pouquiño colocala....
E tamén exploración sensorial coa mesa de luz...
Para a semana máis..
Bo finde!!
Actividades semanais!!
Esta semana fixemos unha actividade que nos gustou moito, pintamos con esponjas. Tamén experimentamos con porexpan e xogamos con bloques de textura blanda. Boa fin de semana!!
Cores.
Hoxe clasificamos por cores. Collemos xoguetes e metémolos dentro do aro da mesma cor.
Tamén traballamos a motricidade fina.
xoves, 5 de marzo de 2026
Exploramos porexpán...
Hoxe exploramos porispán: tocámolo, rompémolo, desfacémolo...
E tamén puxemos pegadas (como se fose neve) na manualidade do pingüino.
Tamén tratamos de facer mandalas en círculo, o reto 8, pero aínda é moi difícil para nós...

















































