Hoxe exploramos uvas, aplastámolas cos dedos/mans ( dentro dunha bolsa). Tamén desmenuzamos as follas que recollemos onte.
xoves, 18 de setembro de 2025
mércores, 17 de setembro de 2025
Hoxe empezamos coa Asamblea....
Hoxe comezamos coa asamblea...sentámonos no paviplay e vimos láminas de animais. Tamén cantamos cancións...pouco a pouco vamos collendo ritmo...
Follas 🌿
Hoxe saímos a fóra a recoller follas. Tivemos que deixalas secar e mañá faremos unha actividade con elas.
Tamén xogamos cos botes e os froitos do outono( encher/baleirar, enroscar/desenroscar...)
Formas xeométricas: o círculo.
Bos días
Onte traballamos o círculo. Exploramos diversos elementos con dita forma e de distinto tamaño.
martes, 16 de setembro de 2025
Exploración sensorial: noces e castañas.
Hoxe xogamos na mesa sensorial coas noces, as castañas , as pás, as pinzas, e as cuncas...
luns, 15 de setembro de 2025
Reto 1.
Comezamos cos retos que nos propón o proxecto educativo. O primero consiste en coller obxectos con pinzas: carolas, castañas pompóns... e colocalas en oveiras.
Hoxe fixémolo con carolas e resultoulles bastante doado. Mañá farémolo con pompóns...
O outono🍁🍁
Hoxe empezamos coas tareas na aula... Pintamos unha folla cos dedos...pero houbo a quen non lle gustou "manchar" as mans..., pouco a pouco...
venres, 12 de setembro de 2025
Paraugas.
Hoxe decoramos uns paraugas para a fiestra da aula. Pegamos papeliños de cores dentro do paraugas.
Despois estivemos traballando coas pinzas, practicando as accións de apretar e soltar.
xoves, 11 de setembro de 2025
Porco espiño.
Hoxe fixemos un porco espiño con escarvadentes; clavamos escarvadentes en porixpan para facer as púas do porquiño.
mércores, 10 de setembro de 2025
Xa está a chegar o outono...
Hoxe xa comezamos a falar do outono, que está a piques de entrar... Vimos elementos do outono, cantamos cancións desta estación e tamén pintamos follas coas cores do outono, para decorar a árbore da aula. Despois ollamos contos.
martes, 9 de setembro de 2025
luns, 8 de setembro de 2025
venres, 5 de setembro de 2025
xoves, 4 de setembro de 2025
Coñecemos a mascota de aula.
Hoxe coñecemos ó can Plum, que vai a ser a nosa mascota deste curso. E pintamos un Plum grande cos dedos entre todos!