venres, 22 de abril de 2016

SEMANA INTERCULTURAL

Esta semana aprendemos cousas novas e moi interesantes sobre outros países e culturas distintas a nosa. Realizamos un sinfin de actividades divertidísimas, que a continuación vos imos a contar.
Por un lado vestimosnos de traxes tradicionais típicos de outros países:  Cuba, India, Perú, México...e por outro pintamosnos coma os indígenas de diversas tribus de África:


 
Tamén se realizou por aula un mural sobre unha obra de arte coñecida. Na aula de Arlette pintaron unha obra de Van Gogh; na de Patri pintaron unha obra de Franz Marc e na de Begoña realizaron un cuadro de Vasarely.
Mirade que chulos nos quedaron os cuadros, traballamos un montón!!!
Tamén realizamos unha exposición con obxectos típicos de outros países, que aportaron os papás, así que, moitas gracias pola vosa colaboración!!!
É para rematar, fixemos unha xornada gastronómica internacional, na que os nenos poideron degustar pratos típicos de Ucrania, México,  EEUU, Venezuela....E probamos de todo!!!! 
Ademáis  contamos coa visita de Tania, unha chica nacida en Ucrania que ademais de traernos pratos típicos do seu país, tamén  nos contou un conto típico  traducido ó castelán. Encantounos a súa visita e pasámolo xenial con ela.
Queremos agradecerlle a Tania a súa colaboración coa Escola para a realización desta fantástica actividade. 

Ningún comentario:

Publicar un comentario