Hoxe exploramos e xogamos coa area cinética e moldes de medios de transporte e animais do mar.
Escola Infantil Municipal Raiña Lupa
Blog da EIM RAIÑA LUPA DE BOQUEIXON
venres, 12 de decembro de 2025
xoves, 11 de decembro de 2025
Galleta de xenxibre.
Hoxe decoramos unha galleta de xenxibre con pompóns, pedras e macarróns. Xogamos coas pinzas e as pás, fixemos trasvases...
Tamén pintamos e decoramos unhas boliñas de Nadal.
martes, 9 de decembro de 2025
venres, 5 de decembro de 2025
Instrumentos musicais.
Hoxe escoitamos o sonido dos instrumentos musicais e despois estivemos tocando os instrumentos.
Tamén fixemos quebracabezas.
xoves, 4 de decembro de 2025
Exploración: tubos de cartón+ bolas de Nadal.
Hoxe exploramos tubos de cartón e bolas de Nadal, intentamos poñer en equilibrio as bolas enriba dos tubos.
Tamén pintamos un gorro de Papá Noel con esponxas.
mércores, 3 de decembro de 2025
Actividades de Nadal.
Hoxe montamos a árbore de Nadal, e cada nen@ colocou a súa estreliña. Tamén decoramos a árbore de cartón que utilizamos o outro día na aula para facer outra actividade; primeiro pegamos as follas de tuia e despois fixemos boliñas de papel e pegámolas dentro das tapas.



















