Esta mañá fomos de excursión camiñando ao supermercado de Carmiña. Cómo facía moita calor tivemos que parar a medio camiño para beber auga.
Cando chegamos alí Carmiña tiña todo preparado. Co euro que levaba cada un podían elexir: un plátano, unha mazá, unha pera, un trozo de biscoito ou churros.
Despois de facer "a pequena compra" e a foto Carmiña regaloulles un paraugas de chocolate a cada un.
Xa de volta paramos a merendar....había que reponer forzas para voltar á escola.
Foi unha mañá moi entretida. Acabamos cansos pero gustounos moito a experiencia.
Grazas de novo aos papis e mamis que me axudaron.....
Ningún comentario:
Publicar un comentario