Este martes pintamos rolos de papel hixiénico para elaborar uns coches, e puxémoslle as rodas cos tapóns q vos pedimos fai uns días, para poder rematar a nosa cidade de reciclaxe.
Esperamos que vos guste como esta quedando!!
mércores, 30 de novembro de 2016
Medioambiental.
martes, 29 de novembro de 2016
Os nosos traballos
Estés días estivemos facendo moitos traballiños!! Esperamos que vos gusten as nosas obras de arte!!😋
mércores, 23 de novembro de 2016
Experimentamos con barquillos
O venres experimentamos con barquillos: collémolos, desmenuzámolos, aplastámolos e ata os comemos..Ésta posibilidade de investigar por sí mesmos failles avanzar cara actividades motrices máis complexas como a acción de romper. 😃
Exploramos o purispán!
Hoxe en clase exploramos o purispán, desfixémolo todo e a clase parecía que estaba cuberta de neve!!! Encantounos!!!
xoves, 17 de novembro de 2016
Chega o frío!!
Cómo xa vai chegando o frío, nós imos preparando a roupa de abrigo. Queredes unha bufanda? Facémolas nun periquete😉
mércores, 16 de novembro de 2016
luns, 14 de novembro de 2016
Medioambiental.
A semana pasada rematos de pintar e decorar os bricks que vos pedimos. Cada neno pintou o seu brick para elaborar a nos cidade de reciclaxe. E xa estamos comezando a darlle forma. Q vos parece???
venres, 11 de novembro de 2016
Aniversarios!!!
Hoxe celebramos os aniversarios de Pablo e César. Sopramos as velas e comemos gusaniños e biscoito!!! Parabéns para os dous!!!
Outras actividades
Estos días ademais de decorar as piñas, tamén: pintamos con rodillo, experimentamos con cortiza branca e marrón, e tamén con pedras....A verdade é que as actividades manipulativas gustannos moito!!! E ainda nos quedou tempo para intentar facer unha torre con cubos de esponxa....Boa fin de semana e para a semana mais...
Decoramos piñas
Hoxe decoramos piñas: pintámolas co pincel e despois botámoslle purpurina..pintalas gustounos moito, pero a purpurina!!! Creo que foi a parar ata os pés...