Antes de irnos de vacacións fixemos algúns traballiños!! Felices Festas!!
xoves, 23 de decembro de 2021
mércores, 22 de decembro de 2021
Aniversario Hugo
Hoxe, fai un ano a uns papás tocoulles a mellor lotería que lles podía tocar: Naceu o seu precioso estilo Hugo. Parabéns meu rei!!
luns, 20 de decembro de 2021
Clasificamos por cores.
Hoxe xogamos con letras e pedriñas de cores, e aproveitamos para clasificar por cores. Tamén exploramos con arroz e buscamos o obxecto que estaba escondido.
venres, 17 de decembro de 2021
Algunas cousiñas q fixemos esta semana!!
Aquí vos deixamos unha pequena mostra do q fixemos esta semana.!! Seguimos ca temática do Nadal!! Bo finde!!
xoves, 16 de decembro de 2021
Arte: Los girasoles de Van Gogh.
Hoxe fixemos unha "reinterpretación" dun cadro de Van Gogh: Los girasoles. Despois descargamos enerxía en psicomotricidade facendo aerobic.
mércores, 15 de decembro de 2021
martes, 14 de decembro de 2021
Coidemos as praias!
Hoxe rematamos o mural de medioambiental. Aprendemos a importancia de coidar as praias, para que os animais e as prantas que viven no mar non enfermen, para iso, cando imos a praia debemos de recoller a nosa basura e botala no contenedor correspondente.
venres, 10 de decembro de 2021
Obradoiros...
Hoxe traballamos moito a motricidade fina; tivemos manualidades e plastilina. Cos macarróns que pintamos onte fixemos unha árbore de Nadal e despois xogamos coa plastilina.
E con esto rematamos a semana...Boa finde!!!
xoves, 9 de decembro de 2021
Actividades varias...
Hoxe exploramos pan raiado, pintamos macarróns de cores para facer unha manualidade e tamén lle demos un repaso e coloreamos os animais do mar, ( debuxos que nos trouxo un compi)...
martes, 7 de decembro de 2021
Medioambiental: o mar.
Hoxe comezamos a facer o noso mural dos animais do mar. Primeiro pintamos o mar de azul, e despois puxémoslle área. Para a semana rematarémolo...
venres, 3 de decembro de 2021
Cousiñas de Nadal
Boas tardes!!
Esta semana estivemos a facer tareas relacionadas co Nadal.
Pegamos recortes de xoguetes..
Experimentamos con confetti.
Unha semana máis...
Nesta semana fixemos varias actividades, aquí vos deixo unha mostriña...
En medioambiental vimos a contaminación nos mares e os animais que viven no mar... seguiremos traballando neste tema para a semana....
Tamén vimos os animais de granxa e botámoslle un vistazo os salvaxes....
E para rematar hoxe exploramos adornos de Nadal e botellas sonoras...
Boa finde familias!!!
xoves, 2 de decembro de 2021
mércores, 1 de decembro de 2021
Manualidade de Nadal...
Hoxe decoramos piñas con purpurina para facer unha manualidade navideña. Tamén xogamos coas formas xeométricas e coas letras.