Hoxe fixemos trazos en fariña, en concreto debuxamos un sol, primeiro un círculo e despois os raios do sol. Para posteriormente facelo no papel.
xoves, 16 de maio de 2024
Actividades semanais.
Está semana pintamos cos pés unha fresa. Tamén pintamos coas mans para facer unha ficha para o día da familia. Estudiamos un pouco de inglés e fixemos debuxo libre con ceras duras. Fixemos unha ficha dun pulpiño, pegándolle tiras de cordóns pintados de cores a modo de tentáculos. Tamén lemos varios contos. Boa fin de semana, está é un pouquiño máis longa😁. A disfrutar moito.
Botellas sensoriais
Os compis da aula 2-3 deixáronnos as botellas sensoriais tan chulas que teñen.
Máis actividades desta semana....
Esta semana tamén...
Os maiores fixemos raios de sol...
Os de 1-2 pegámoslle patas de cores a un polbo...
E tivemos clase de Arte...
Os de 1-2 fixemos unha réplica dun Renoir..
mércores, 15 de maio de 2024
martes, 14 de maio de 2024
Motricidade fina: pinza.
Hoxe xogamos a "pescar" tapas que flotaban na auga coa pinza.
Tamén decoramos un peixe con papeis de cores.
luns, 13 de maio de 2024
venres, 10 de maio de 2024
Actividades semanais.
Está semana foi un pouquiño máis pequecha pero seguimos aprendiendo cousas. Fixemos un farolillo de Festa, pintamos con distintas técnicas: esprai, xeringa, goteo...lemos moitos contos e experimentamos con globos e confeti. Boa fin de semana!!
mércores, 8 de maio de 2024
Instrumentos
martes, 7 de maio de 2024
Circuito.
Hoxe en psicomotricidade realizamos un circuito: saltar dentro dun aro, poñer as mans, poñer os pés...
luns, 6 de maio de 2024
Motricidade fina.
Hoxe realizamos unha actividade moi chula para traballar a motricidade, utilizamos un cucharón para "cazar" pelotas que están flotando na auga.
venres, 3 de maio de 2024
Actividades semanais!!
Está semana dedicámonos sobre todo a repasar cousas como a psicomotricidade fina, conceptos dentro-fora, inglés, xogamos ca auga e aproveitamos para bañar uns bonecos. Boa fin de semana.
Educación Vial.
Hoxe Miriam ( que está de prácticas no cole) preparounos unha sesión de Educación Vial: stop, cedas, semáforo, pasos de peóns...
Comezamos a distinguir algunas sinais e aprendemos alguna norma de seguridade vial.
E como todos aprobaron, finalmente levaron o seu carnet de conducir!!!
Foi unha sesión moi divertida! Gracias Miriam.