venres, 29 de setembro de 2017
Experimentamos con follas secas
mércores, 27 de setembro de 2017
Somos moi laboriosos!!
Estes días andamos a traballar de todo, pintamos, cociñamos, atamos cordòns, imos ó baño...uff non temos tempo de nada
martes, 26 de setembro de 2017
Xogo heurístico.
Na xornada de hoxe estivemos explorando follas secas. Desta maneira traballamos as texturas , concepto grande/pequeno, e as cores. Despois pegamos anacos de follas nunha ficha.
luns, 25 de setembro de 2017
Benvidos a un novo curso!!
Estas semanas xa estivemos a realizar distintas actividades: fixemos puzzles, pintamos con ceras, coas mans, etc..
Mural de outono.
Hoxe fixemos un mural sobre as cores do outono. Para eso realizamos diversas técnicas: pintamos cos dedos, coas mans, con pincel e con tubos de cartón; tamén pegamos follas. O resultado foi este:
mércores, 20 de setembro de 2017
martes, 19 de setembro de 2017
Pintamos a mascota de clase!
Hoxe pintamos cos dedos os patiños da nosa clase. A algúns gustoulles un montón, mentres a outros non lle gustou nada manchar as mans!!!
xoves, 14 de setembro de 2017
Xogo heurístico.
Comenzamos o curso e tamén a realizar alguna actividade de exploración e manipulación. Neste caso estivemos xogando con tapas e tapóns. Encantounos!!!!