venres, 31 de marzo de 2023
Aniversario de Fabio🎂🎂🎂
Actividades desta semana!!
Exploración con flores.
Onte exploramos flores de primavera. Despois utilizamos algunhas delas para realizar un cadro de primavera. E o mércores decoramos unha bolboreta con papeis de cores.
mércores, 29 de marzo de 2023
martes, 28 de marzo de 2023
Exploración con pasta e outras cousiñas...
Hoxe exploramos pasta crúa e fervida ( duro/ brando). Tamén pintamos uns oviños de chocolate con pincel. E onte enchemos botellas con legumes utilizando unha culler e un embudo.
luns, 27 de marzo de 2023
venres, 24 de marzo de 2023
mércores, 22 de marzo de 2023
Hoxe pintamos cos pés
Hoxe pintamos cos pés..
Non nos disgustou a idea pero estábamos un pouco sorprendidos....
Logo lavamos os pés!!!
Onte exploramos herbas aromáticas.
Exploramos, tocamos, ulimos distintas herbas aromáticas cómo: menta, loureiro, lavanda, romero, perexil...
Ovo de Pascua.
Hoxe decoramos un oviño de Pascua con legumes, arroz de cores e confetti. Traballamos así a motricidade fina( pinza).
venres, 17 de marzo de 2023
Experimentamos con espuma de afeitar..
Onte exploramos con espuma de afeitar á que lle botamos cola e pintura amarela para facer unha manualidade para a pascua. Deste xeito traballamos as texturas..
Agora esperaremos a ver a manualidade ...
Actividades varias..
Boas familias!!!
Regamos as sementes que prantamos para que nos medren...
Alimentos.
Onte traballamos cos alimentos. Vimos as súas cores e despois clasificamos según a súa cor. E para rematar degustamos algúns dos alimentos...
mércores, 15 de marzo de 2023
Motricidade fina: trasvase de legumes.
Hoxe fixemos trasvase de legumes con cucharón, traballamos así a motricidade fina.
E onte pintamos froitas con esponxas.
venres, 10 de marzo de 2023
Esta semana tamén ...
Traballamos os conceptos: frío/ quente experimentando con xeo...
xoves, 9 de marzo de 2023
Circuito sensorial.
Hoxe realizamos un circuito sensorial cos pés. Traballamos así as diferentes texturas dos materiais.