mércores, 18 de xuño de 2025

Excursión ao supermercado de Carmiña...

 Esta mañá fomos de excursión camiñando  ao supermercado de Carmiña.  Cómo facía moita calor tivemos que parar a medio camiño para beber auga.

 Cando chegamos alí Carmiña tiña todo preparado. Co euro que levaba cada un podían elexir: un plátano, unha mazá, unha pera, un trozo de biscoito ou churros.





Ao acabar fixemos unha foto con Carmiña...





Despois de facer "a pequena compra" e a foto Carmiña regaloulles un paraugas de chocolate a cada un. 

Xa de volta paramos a merendar....había que reponer forzas para voltar á escola.




Foi unha mañá moi entretida. Acabamos cansos pero gustounos moito a experiencia.

Grazas de novo aos papis e mamis que me axudaron.....


Vega cumple 1 aniño

 Hoxe na aula dos pequeños estuvemos de celebración...

Moitas felicidades Vega!! 🎂🎉💓



martes, 17 de xuño de 2025

Saímos a prantar e xogar..

 Hoxe á primeira hora saímos a prantar xirasoles e calabacíns que tiñamos nos semilleiros da aula e tamén tomates que nos trouxo Julia.

Logo regamos e xogamos....